PROJETO MOAS: Crowdfunding da Semente Compostela para a reforma das súas novas instalacións
Con este novo local pretenden centralizar recursos e loxística para poderen concentrar nun único espazo todas as súas propostas para un óptimo desenvolvemento.
A financiación para a compra do local xa a conseguiron, mais precisan un mínimo de 90.000 para poder reformalo.
Da Mesa pola Normalización Lingüística animamos a axudar a este proxecto entrando na páxina https://gl.goteo.org/project/projeto-moas e facendo unha achega económica
As Escolas de Ensino Galego Semente son umha iniciativa social sen ánimo de lucro, impulsionada pola Gentalha do Pichel que pretende conformar, xunto com outros projetos semelhantes, as bases necesarias para a criación da Escola Nacional Galega.
Toman o seu nome das Escolas de Ensino Galego criadas a começo do século XX polas Irmandades da Fala, e impulsionadas por Leandro Carré e Ánxel Casal.