A Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa apoia a iniciativa #AndroidEnGalego

A Mesa fai un chamamento a participarmos de forma activa nesta campaña para que o galego estea presente nos nosos teléfonos intelixentes.

A Mesa amosou o seu apoio á campaña #AndroidEnGalego e fixo un chamamento á súa base social a colaborarmos activamente nesta campaña para que o galego deixe de estar excluído dos nosos teléfonos móbiles.

Android é o sistema operativo que empregan máis do 90% dos teléfonos intelixentes que se venden en Galiza. A campaña #AndroidEnGalego, iniciada polo blog especializado Mallando no Android,  quere visualizar a necesidade de que Google habilite o Galego como unha opción de idioma máis no sistema operativo base de Android, xa que actualmente queda en mans dos fabricantes a decisión de introducir ou non o galego como opción.

Amais de asinar o manifesto que se enviará a Google con todos os apoios recibidos, podemos colaborar deixando mensaxes no fío aberto no foro de soporte de Google ou axudando a difundir e visibilizar a campaña nas redes. As diferentes formas de apoiarmos esta campaña explícanse nesta ligazón: http://androidengalego.com/que-podo-facer-eu/

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra