Noticias Noticias da Mesa

A Mesa apoia a manifestación pola oficialidade do galego en Asturias

A Mesa pola Normalización Lingüística apoia a manifestación que haberá en Uviéu o día 21 de abril de 2018 en prol da oficialidade do asturiano e do galego en Asturias. A mobilización convocada pola Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana conta co apoio da Plataforma pola Oficialidá del Gallego- Asturiano e persegue acadar a oficialidade do asturiano e do galego en Asturias. O galego en Asturias debe ser recoñecido como lingua oficial e  propia da zona Eo-Navia.

Desde a Mesa lembrámoslle á Xunta de Galiza que a Lei de normalización lingüística  no seu título V artigo 21.2 que establece a obriga do Goberno Galego a facer “uso do previsto no artigo 35 do Estatuto de autonomía a fin de protexer a lingua galega falada en territorios limítrofes coa comunidade autónoma”.

Por outra banda, a Mesa insta ao Estado español, á Xunta de Galiza e ao goberno de Asturias a cumpriren a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias que no artigo 14. Intercambios transfronteirizos recolle:

“As partes comprométense:

a) a aplicar os acordos bilaterais e multilaterais existentes que os ligan aos estados onde a mesma lingua, usada de xeito idéntico ou próximo; ou a esforzarse en concertalos, se for preciso, co obxectivo de favorecer os contactos entre os falantes da mesma lingua nos estados afectados, nos dominios da cultura, do ensino, da información, da formación profesional e da educación permanente;

b) no interese das linguas rexionais ou minoritarias, a facilitar e/ou promover a cooperación a través das fronteiras, principalmente entre colectividades rexionais ou locais no territorio das cales se fala a mesma lingua de maneira idéntica ou próxima”.

  A Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias tamén estipula que no eido educativo “as partes comprométense a autorizar, a fomentar ou a poñer en práctica, se o número de falantes dunha lingua rexional ou minoritaria o xustifica, un ensino na ou da lingua rexional ou minoritaria (neste caso o galego) nos niveis apropiados de ensino”.

De igual forma a Carta fai referencia a que se deben fomentar as actividades ou equipamentos culturais apropiados para as persoas falantes dunha lingua rexional ou minoritaria distintos de aqueloutros nos que as linguas rexionais ou minoritarias son tradicionalmente usadas.

Por todo isto, é polo que lle mandamos o apoio á mobilización pola oficialidade do galego en Asturias.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis