Unha representación do profesorado dos Celga reuniuse coa Mesa para nos trasladar as súas propostas de mellora do sistema de certificación de galego para adultos
Esta segunda feira reunímonos cunha representación do profesorado colaborador da SXPL que imparte os cursos Celga, cos que falamos non só da precaria situación laboral que lles impón a Xunta de Galiza, senón tamén das eivas do actual sistema de certificación da lingua galega e das achegas que este colectivo propón para a súa mellora, achegas que a SXPL teima en ignorar convocatoria tras convocatoria.
Desde A Mesa apoiamos as súas reivindicacións, e ti tamén o podes facer asinando o seu manifesto nesta ligazón http://linguaprecaria.wordpress.com/