A Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa aproveita o San Valentín para pedirlle a Núñez Feijóo que “queira un pouquiño o galego”

Os dirixentes da Mesa participantes do acto recordaron que, tamén no referido á lingua, “obras son amores”.

Carlos Callón, Iria Taibo e Fran Rei subliñaron que, “desde que preside a Xunta Alberto Núñez Feijóo non se produciu nin un só adianto para o noso idioma”.

Os dirixentes da Mesa Carlos Callón, Iria Taibo e Fran Rei achegáronse ao rexistro da Xunta polo San Valentín. O motivo foi enviarlle unha carta ao presidente da Xunta e, aproveitando a data, tentar “tocar o seu corazonciño” para que “queira algo o galego”.

Desde A Mesa critican que, desde que Alberto Núñez Feijóo goberna Galiza, non se produciu nin un só adianto para o noso idioma e que os retrocesos “son constantes e de gravidade”.

No escrito reclaman que a Xunta de Galiza desenvolva unha política real de protección e fome

nto do idioma propio e reafirman a confianza en que a inmensa maioría das medidas contempladas no Plan xeral de normalización da lingua galega, apoiado por unanimidade no Parlamento galego, teñen aínda plena vixencia e son aplicábeis.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra