A Mesa chama a mudar a situación do galego nos concellos

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de denunciar un novo caso de desleixo por parte das Administracións cara o fomento da lingua galega, concretamente no Concello de Lugo. Un caso que non é aillado e que se produce en moitos dos concellos do noso país. Esta denuncia puido ser tramitada grazas á unha queixa que tramitou un usuario a través da app da Liña do Galego, servizo gratuito que ofrece A Mesa para consultas, queixas e parabéns relacionadas cos dereitos lingüísticos.

Trátase dun mural coa seguinte frase: ‘Quienes pisan fuerte dejan huella’ situado nun espazo público destinado ao deporte. “Precisamente nun ámbito habitual para a mocidade, como é o deportivo, un sector no que hai que incidir para súa normalización e que a rapazada poda medrar na súa lingua” salientan dende A Mesa. Un traballo fundamental que teñen as Administracións locais ao ser as institucións máis próximas á cidadanía e as que mellor coñecen a realiadade social dos seus municipios.

Por esta razón, é máis necesario que nunca que se manteñan as mobilización sociais en defensa da lingua galega. A Mesa anima a participar na concentración de Queremos Galego! que se celebrará o vindeiro 17 de maio ás 11:30h na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Como haberá capacidade limitada é necesario inscribirse na web da plataforma.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra