Noticias Noticias da Mesa

A Mesa colabora na festa da nosa lingua en San Martiño de Trebello (Cáceres)

A Mesa pola Normalización Linguística e a Fundación Vía Galego apoian e colaboran cos colectivos que traballan pola normalización do galego nos lugares de Estremadura de lingua galega. A festa celebrarase os días 15, 18, 24, 25 e 26 de agosto no val do Xálima, no lugar de San Martiño de Trebello.

As actividades que están programadas xiran especialmente arredor da música e canto tradicionais, entre as foliadas organizadas contarán coa actuación do grupo galego Zurrumalla. Os actos rematarán o día 26 coa entrega do premio Boiga do Viñu que se lle dará a unha persoa ou colectivo que destaque polo seu traballo en defensa e promoción do galego.

Desde a Mesa e a Fundación Vía Galego apoiamos estas actividades que contribúen a promocionar o uso do galego máis aló da fronteira administrativa galega e neste sentido, tamén estamos en contacto e colaboración con outras zonas de fala galega como poden ser o Bierzo ou a comarca do Eo-Navia.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis