A campaña “Polo dereito de…” comparte catro casos reais de vulneración de dereitos lingüísticos, humanizando e poñendo en valor o traballo desta organización pola defensa do galego.
Así, Xosé, Marta, Iago e Laura comparten co espectador as súas historias, expoñendo como a Mesa os defendou ou puxo en marcha accións para promover o uso da lingua galega.



Ademais de recursos nas redes sociais, a campaña conta con creatividades de exterior, unha para cada caso, que conteñen un código QR que leva ás persoas interesadas á web www.asociateamesa.gal. A páxina é un espazo online exclusivo para coñecer máis de preto cada un dos casos, a través de vídeos, así como para asociarse.