A Mesa convoca un acto de apoio ao Regulamento de promoción do uso do galego no Concello de Cee

Terá lugar o domingo 15 de novembro ás 12h, diante do Concello de Cee

Con este acto iníciase unha campaña de difusión do contido do Regulamento de promoción do uso do galego en Cee co obxectivo de enfrontar prexuízos e desmentir falsidades que o único que pretenden é que o galego volte á alegalidade e a exclusón da vida pública

O regulamento de promoción do galego en Cee non saiu aprobado. O pleno do Concello decidíu agardar un informe xurídico, mentres algúns grupos se dedicaban a difundir falsidades e prexuízos contra a nosa lingua. Queremos vivir en galego con normalidade, tamén na nosas relacións co concello de Cee.

Nos próximos días difundirase outras iniciativas.

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra