A concentración baixo o lema “Polo dereito a vivirmos en galego” terá lugar o 21 de xullo, ás 9.30 no Xulgado de Santiago
A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha concentración o vindeiro 21 de xullo, ás 9.30h, diante do Edificio dos Xulgados en Santiago de Compostela, en apoio ao paciente que demandou ao Servizo Galego de Saúde por vulnerar os seus dereitos lingüísticos.
O xuízo que se inicia o día 21 está motivado pola dilación inxustificada e indebida nunha operación, que o Sergas retrasou máis de 16 meses polo feito de o paciente solicitar asinar o consentimento informado da mesma en galego. Esta foi a última dunha serie de vulneracións dos dereitos lingüísticos do paciente que se repetiron en diversos hospitais galegos entre 2010 e 2014 e que o levaron a presentar unha demanda contra o Servizo Galego de Saúde por discriminación lingüística reiterada.
Día: Terza feira, 21 de xullo
Hora: 9.30
Lugar: Edificio dos Xulgados de Fontiñas, rúa Viena s/n, Santiago de Compostela