A Mesa denunciará perante o Consello de Europa que nas axudas a medios impresos en galego só fique fóra o único medio impreso en galego, Nós Diario.
A entidade en defensa da lingua lembra que o artigo 12 da Carta europea das linguas é moi clara respecto ás obrigas de apoiar os medios en lingua propia por parte das autoridades e, neste caso, da Xunta de Galiza
A Carta Europea da Linguas di no seu artigo 12 que os poderes públicos se comprometen a:
– fomentar e/ou facilitar a creación e/ou mantemento cando menos dun órgano de prensa en lingua minorizada.
e a:
– cubrir os custos suplementarios dos medios de comunicación que utilicen as linguas rexionais ou minoritarias, en caso de que a lei prevexa unha asistencia financeira en xeral para os medios de comunicación.
Nada disto acontece en Galiza. Os medios en galego sempre fican excluídos.
A política que aplica a Xunta de Galiza ao respecto non só é incumprimento flagrante dun tratado internacional que debe cumprir. É, tamén, inversión do seu contido: faise xustamente o contrario!!!
Non podemos consentir que os medios en galego fiquen sen as axudas para publicar en galego só por publicaren en galego.