A Mesa espera que o acordo entre o Goberno español e ERC garanta a igualdade para o galego na Lei do Audiovisual

A Mesa pola Normalización Lingüística dá os parabéns ao Goberno español e a ERC polo acordo anunciado co que blindarán a igualdade das distintas linguas do Estado na Lei do Audiovisual e recorda que as forzas políticas galegas amosaron en múltiples ocasións a súa unanimidade neste sentido.

“Onte mesmo”, recorda o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “o Concello de Santiago aprobou por unanimidade a moción Xabarín 2.0. pola defensa do galego na Lei do Audiovisual que se está a debater no Estado e axiña farán o mesmo o resto dos Concellos do país, como xa fixeron tamén todas as forzas políticas do Parlamento Galego en dúas ocasións e como recordou o BNG no Congreso en datas recentes”. A entidade de defensa da lingua espera, polo tanto, que o galego reciba un tratamento igualitario nas cotas que se estabelezan.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra