O 25 de xullo, de 15 a 21 h, temos unha cita en Compostela
Un ano máis A Mesa pola Normalización Lingüística estará presente no Festigal a tarde do 25 de xullo.
Entre as 15 e 21 horas, poderedes achegarvos ao posto da Mesa na carpa de Asociacións e organizacións para compartir ideas e inquedanzas, coñecer a nosa actividade e campañas, facervos soci@s ou mercar material (como as novas camisolas “A fala é a voz da terra / e máis do mar” de Manuel María).
Alén diso, este ano tamén estaremos presentes no Espazo infantil, onde ás 17.15 h presentaremos o Abecedario da Mesa, para o que contaremos coa actuación musical de Magín Blanco e a presenza do ilustrador Óscar Villán, que asinará exemplares.
Agardámosvos!