Felicitamos a Ikea pola inclusión do galego no seu web e anímaa a extender a incorporación da nosa lingua a todos os seu servizos, actualizando tamén á súa aplicación móbil e visibilizando nas súas tendas o catálogo impreso na nosa lingua. Marcos Maceira, presidente da entidade de defensa da lingua, asegurou que este avance é “froito da reclamación social” e recordou as mobilizacións realizadas o pasado outono na Coruña e as múltiples queixas presentadas a través de A Liña do Galego. “O galego é a única lingua oficial do Estado”, afirmou, “que precisa da acción social para ser visíbel”. “Na Mesa asumimos esta responsabilidade fronte a unha Xunta que abdica do seu deber legal e moral”, concluiu.