A Mesa pola Normalización Lingüística informou o comité de expertos da Carta Europea das linguas do Consello de Europea do nivel de cumprimento deste tratado internacional que están infrinxindo a Xunta e o goberno español. Acompañaron a principal entidade de defensa da lingua galega outros colectivos polo galego como a Asociación de Medios en Galego (Amega), Prolingua, Axunta (Eo-Navia) ou Fala Ceibe do Bierzo. Previamente, Amega e A Mesa mantiveron unha xuntanza con representantes políticos galegos no Parlamento Español.
O informe presentado pola Mesa ao Comité de avaliación da Carta Europea das Linguas incide no incumprimento reiterado da resolución previa emitida en 2019 polo Comité de Ministros europeo, reclamandolle á Xunta e ao Goberno español suprimir as limitación ao ensino em galego em Galiza, emendar a Lei orgánica do poder xudicial para garantir o uso do galego a solicitude dunha das partes, mellorar o uso do galego na administración do Estado e incluir o galego no Estatuto de Asturias.
A entidade de defensa da lingua recordoulles aos representantes do Consello de Europa o “alá eles” co que se referiu Feixó á resolución do Comité de Ministros ou o cuestionamento do seu criterio polo Conselleiro de Cultura en intervención parlamentar. E presentou un exhaustivo informe no que destaca os incumprimentos e mesmo retrocesos das recomendacións de obrigado cumprimento tanto no ensino como na xustiza.
No caso do ensino non só non se derrogou o decreto 79/2010 para eliminar as restricións ao uso do galego en materias como matemáticas, física e química e tecnoloxía, tal e como reclamou o Comité de ministros, senón que o programa de libros de texto dixital EDIXGAL non permite que as materias que se poden impartir en galego conten con materiais para o facer. Ademais, a Xunta negouse reiteradamente a recibir a proposta da maioría da representación da comunidade educativa (Sindicatos, ANPAS, MRPs) e a Mesa para elaborar un novo decreto.
Respecto á xustiza, destaca a negativa do Estado a modificar a Lei Orgánica do Poder Xudicial para permitir o uso do galego a petición dunha das partes, xunto á imposibilidade de empregar en galego no programa Minerva Nox que a Xunta fornece aos xulgados, o que obriga ao funcionariado a traducir formularios e documentos que si están en castelán e limita o uso do galego. Xunto a iso, a Mesa denuncia, tamén, a existencia de directrices da dirección xeral do Rexistro do Ministerio de Xustiza que impiden a tramitación normal da restauración dos apelidos galegos.
Respecto aos outros ámbitos que contempla a Carta, a Mesa sinaloulle ao Comité de expertos as dificuldade para o uso do galego na Administración xeral do Estado, que non require o coñecemento de galego para prestar servizos en Galiza ou que apenas conta con versións en galego nas súas webs a partir do primeiro nivel. A isto, engádense os retrocesos na administración autonómica, onde a oferta positiva en galgo é cada vez menor, incluída a oferta online. Neste sentido, A mesa lembroulle ao Consello de Europa que máis do 60% das queixas que recibe a través da Liña do galego teñen a ver coa administración pública, destacando o SERGAS en primeiro lugar.
En relación á vida social e económica, A Mesa destacou o incumprimento da Carta na lexislación, onde exieten máis de 200 disposicións legais que obrigan ao uso do español. Mentres, continúa a ser extremadamente dificil ou imposíbel abrir unha conta bancaria ou contratar un seguro en galego. Ás mesmas empresas teñen dificuldades para acceder a programas de xestión en galego.
En relación aos medios de comunicación, A Mesa denunciou a discriminación e a arbitrariedade á que a Xunta somete aos medios en galego. A exclusión do único xornal impreso en galego das axudas aos medios de comunicación serviu para exemplificar unha actitude que se extende a dixitais e emisoras de radio e televisión. Ademais, fíxose fincapé en que o conxunto de emisión en galego nas operadoras de televisón é só do 0,83% cunhas emisión que corrsponden exclusivamente á TVG.
A Mesa tamén denunciou, xunto ás entidades representantes do galego do Eo Navia e O Bierzo, as maiores dificuldades que sofre o galego nestes territorios, por non contar con amparo legal maila a instancia que o Comité de Ministros fixo en 2019 para o recoñecemnto do galego como lingua oficial nestes territorios.