EVENTO / A Mesa na Culturgal 2023

Un ano máis A Mesa pola Normalización Lingüística estará presente na Culturgal Feira das industrias culturais, que se celebra os días 1, 2 e 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Culturgal volve un ano máis a reunir a todo o sector da cultura galega e A Mesa dará a coñecer as iniciativas que se están a levar a cabo, como a recollida de sinatura para a campaña Xabarín Xa.

Asemade, repartiremos o Catálogo de Nadal de Abertos ao galego das empresas que forman parte de Abertos ao Galego.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra