EVENTO / A Mesa na Culturgal

Un ano máis A Mesa pola Normalización Lingüística estará presente na Culturgal Feira das industrias culturais, que se celebra os días 25 ao 27 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Baixo o lema “15 anos cos fíos da cultura”, Culturgal volve un ano máis a reunir a todo o sector da cultura galega e A Mesa dará a coñecer as iniciativas que se están a levar a cabo, como a recollida de sinatura para a campaña Os mapas dixitais polo seu nome.

O sábado, día 26, ás 12:10h participaremos na mesa redonda “A importancia da tradución audiovisual na normalización do galego” organizada pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación. Nela poderemos conversar sobre a necesidade de consumirmos produtos audiovisuais en galego como elemento normalizador do idioma.

Asemade, repartiremos o Catálogo de Nadal de Abertos ao galego das empresas que forman parte de Abertos ao Galego.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra