A Mesa participou esta fin de semana en Barcelona na Asemblea Xeral da rede europea para a igualdade das linguas (European Language Equality Network, ELEN), centrada na necesidade de actuar para que as novas tecnoloxías garantan a diversidade linguística.
Dentro do programa oficial do encontro, aprobouse unha resolución de apoio ao proceso social Lingua Vital impulsado por Queremos Galego e instando á Xunta a cumprir a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas.
A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que tramita queixas cara ás institucións, empresas, etc, que vulneran os dereitos lingüísticos; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantía do dereito a vivir en galego. Este servizo conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

