Prezada/o socia/o, amiga/o: Durante o mes de agosto a oficina está pechada por vacacións.


Noticias Noticias da Mesa

A Mesa participa na reunión da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN) en Kolozsvár, Transilvania

A Mesa pola Normalización Lingüística ten como representante a súa vicepresidenta e directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Elsa Quintas, na reunión da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN) que ten lugar en Kolozsvár, Transilvania. ELEN é a organización europea de referencia na defensa das linguas minorizadas. Dentro da organización, a Mesa ten unha vicepresidencia  que lle corresponde ao actual presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira.

A reunión faise unha vez ao ano e nela concretaranse as acción a realizar no próximo ano nas diferentes organización internacionais como o son a Unión Europea ou a Organización das Nacións Unidas.

A Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN) ten como obxectivo a busca de beneficios, a promoción e protección das linguas europeas menos utilizadas,  traballar no sentido de igualdade e para ser unha voz para os falantes de linguas a nivel local, rexional, nacional, europeo e internacional. Representa  42 comunidades lingüísticas de 23 Estados europeos e ten carácter de organismo consultivo do Parlamento Europeo, do Consello de Europa, das Nacións Unidas e da UNESCO. Forma parte, ademais, da Plataforma de ONG da Comisión Europea para Multilingüismo, a Plataforma de ONG para Cultura, a Plataforma de ONG para a Axencia de Dereitos Fundamentais da UE, e do Consello Económico e Social da ONU.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis