A Mesa pola Normalización Lingüística estará presente esta quinta feira (xoves) 7 de xuño na segunda edición da Semana do Libro de Compostela (SELIC) en horario de tarde.
A Semana do Libro de Compostela é unha aposta do Concello de Santiago e a Mesa do Libro de Compostela co fin de apostar pola cultura e a lingua galega co libro como especial protagonista. Ademais esta feira nace para atender as demandas das librarías e editoriais da capital galega nun formato máis innovador que o das feiras do libro tradicionais.
A SELIC xira arredor do libro, mais tamén están programadas outras actividades que invitan á participación de toda clase de públicos como son; as presentacións e sinaturas de exemplares, visitas guiadas pola cidade, espectáculos infantís, actuacións musicais, mesas redondas e obradoiros.
Achégate polo posto da Mesa a partir das 17:00h no espazo efémero da carpa da SELIC situada na praza da Quintana.