O presidente da Mesa foi convidado a intervir no acto que se desenvolverá hoxe ás 20.30 h. ás portas do Salón Teatro, en Santiago de Compostela. Unha manifestación sairá ás 19 h da Alameda da capital do país.
A Plataforma das Artes Escénicas convidou A Mesa pola Normalización Lingüística a se sumar aos actos que vai desenvolver este serán para festexar o Día Internacional do Teatro.
A entidade en defensa da lingua, que observa con preocupación os pasos contra o galego no ámbito das artes escénicas por parte da Xunta de Galiza, adheriuse e insta a participar na manifestación que sairá ás 19 h da Alameda de Santiago de Compostela e que concluirá ás 20:30 h ás portas do Salón Teatro. O acceso a esta instalación pública foi finalmente denegado pola Xunta, que mesmo decidiu destituír a directora do Centro Dramático Galego porque ofrecera ese espazo para que o mundo do teatro festexase o Día do Teatro.
O presidente da Mesa, Carlos Callón, foi tamén convidado a intervir no acto final que se realizará ás 20:30 h.