A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA SUSPENDE A ACTIVIDADE NA SÚA SEDE

Seguindo as indicacións das autoridades sanitarias galegas para a prevención do contaxio do COVID-19, A Mesa pola Normalización Lingüística suspende temporalmente a actividade na súa sede en Santiago de Compostela. A suspensión, que comeza hoxe mesmo e rematará cando o aconsellen as autoridades, afectará tanto á atención presencial como ao envío de publicacións e materiais.

Manteremos abertas as canles de comunicación non presencial, a través do enderezo electrónico amesa@amesa.gal e dos teléfonos 981563885 e 604028483, así como da web e das redes sociais. Tamén continúa en funcionamento o servizo A Liña do Galego, a través das App para IOs e Android e do enderezo linhadogalego@amesa.gal. As incidencias urxentes tramitaranse de inmediato, mais o resto só se documentarán para se tramitaren cando se restabelecer a normalidade.

A Mesa pola Normalización Lingüística oferece a súa colaboración ás autoridades sanitarias galegas e lembra que a liña específica de atención ao coronavirus en Galiza é o número 900400116.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra