A Toxa / A Mesa recorre ao TSXG a prohibición de concentración da Toxa

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou recurso no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra a decisión da delegación do goberno español de prohibir a manifestación contra a deturpación do nome da Toxa na cuarta edición dun foro que conta con recursos e representantes públicos. Sen prexuízo da decisión que poida tomar finalmente o TSXG, a entidade de defensa da lingua mantén a convocatoria para o 29 de setembro ás 19:00h trasladándoa ao paseo marítimo do Grove, á altura da confluencia entre a rúa Castelao e Beiramar.

A Mesa xa se dirixiu tamén a todos os representantes de institucións públicas que confirmaron a asistencia a este Foro, reclamándolles que insten a organización a empregaren a única forma lexítima e oficial do topónimo, rexeitando calquera presenza no foro encanto non garantiren o cumprimento da lexislación que ampara o uso da lingua galega. Entre os representantes públicos encóntranse o xefe de Estado, o presidente do Goberno español ou o da Xunta, que amparan deste xeito o incumprimento da lei e o desprezo pola lingua e cultura galegas.

Podes manifestar o teu descontento co acontecido deixando a túa sinatura no manifesto A Toxa polo seu nome.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra