Prezada/o socia/o, amiga/o: Durante o mes de agosto a oficina está pechada por vacacións.


Noticias Noticias da Mesa

A Mesa solicita que se garanta o dereito a usar o galego na atención médica

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2018-. A Mesa pola Normalización Lingüística pronunciouse hoxe a respecto da manifestación convocada o 21 de marzo en Madrid polo Foro da profesión médica que ten como unha das reivindicacións principais que nas OPE e nos concursos de traslados as linguas cooficiais non sexan requisito.

Esta reivindicación vai en contra do Estatuto de autonomía de Galiza, dos dereitos recoñecidos na Lei 3/1983, do 15 de xuño de normalización lingüística. Se as linguas cooficiais non son requisito nas ofertas públicas de emprego non se garante que posteriormente se cumpra o artigo do 54 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público. Este artigo relativo aos principios de conduta dos deberes dos empregados públicos, recolle que garantirán a atención á cidadanía na lingua que solicite sempre que sexa oficial no territorio. Tamén supón un incumprimento da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias que foi asinada polo Estado o 5 de novembro do 1992 e ratificada en 2001.

A Mesa quere lembrar que son os médicos e médicas quen prestan servizos para a mellor atención á cidadanía e que esta atención require o coñecemento das linguas que o/a paciente ten dereito de empregar. Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira, esta proposta “só pretende restrinxir ou prohibir o exercicio do dereito das e dos pacientes a se dirixiren na súa lingua aos seus médicos e médicas e a ser atendidos/as e entendidos/as nela. Ademais como un ou unha profesional da Saúde pode ofrecer unha boa asistencia médica sen coñecer a lingua do/a paciente?”

A Mesa afirma que esta limitación xa existe na práctica, por moito que a lexislación internacional, estatal e nacional non a amparen. Recentemente a Mesa presentou o informe da Liña do galego de 2017, onde o 20% das queixas teñen relación coa vulneración dos dereitos lingüísticos por parte do Servizo Galego de Saúde

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis