A Mesa transmítelle a importancia da diversidade lingüística ao alumnado veneciano

A Mesa pola Normalización Lingüística participou nas actividades desenvolvidas arredor do intercambio que realiza o alumnado de 1º de bacharelato IES Agra do Orzán co alumnado do Liceo Benedetti Tommaseo de Venecia.

A responsábel do proxecto Abertos ao Galego e vogal da Mesa Celia Armas, recibiu ao alumnado veneciano na sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, na cal lle transmitiu a importancia de mantermos viva a diversidade cultural e lingüística. Armas explicoulles a situación actual do galego e viron os proxectos e traballos que se realizan desde a Mesa.

O alumnado tamén tivo a oportunidade de coñecer as políticas de promoción da lingua galega que están desenvolvendo dúas asociacións tanto a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e como a Asociación Escritores en Lingua Galega (AELG). Finalmente os mozos e mozas fixeron un percorrido cultural pola cidade.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra