Noticias Noticias da Mesa

A Mesa viaxa a Frisia para preparar a semana do galego

A Mesa asiste a diversas reunións para preparar o Pavillón das linguas que terá unha semana dedicada á lingua propia de Galiza

Membros da Mesa pola Normalización Lingüística atópanse en Frisia, concretamente na cidade de Ljowert para asistir a diversas reunións para preparar a semana dedicada á lingua galega. Un proxecto que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Pontevedra.

O proxecto Casa das linguas (Lân fan Taal) é un evento no que se darán cita comunidades lingüísticas de máis de 50 linguas minoritarias ou minorizadas de Europa, na que o galego tamén estará presente da man da Mesa pola Normalización Lingüística.

O proxecto consiste en amosar a diversidade lingüística europea e da existencia de nacións que teñen máis dun idioma, sendo a lingua o elemento máis característico que lle confire identidade propia a unha comunidade de falantes, independentemente do número de persoas que o falen. Ademais diso, aproveitarase a estadía para intercambiar experiencias de éxito e establecer contacto con outras organizacións que traballan na promoción e defensa de linguas minorizadas ou minoritarias.

A Mesa está facendo os preparativos necesarios para que a semana dedicada ao galego entre o 23 e o 29 de xullo sexa todo un éxito. Alén de dar a coñecer o galego e a súa situación, tamén se lle dará visibilidade á cultura galega mediante a proxeccións visuais, música, arte e teatro.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis