A Mesa pola Normalización Lingüística muda de sede nacional. O novo enderezo será no compostelán bairro de Conxo, na rúa García Prieto 7, semisoto A, 15706.
O traslado das nosas oficinas comezará o día 23 de decembro e a nova sede estará en funcionamento a partir do 11 de xaneiro de 2021. Por este motivo vémonos na necesidade de fechar a tenda online e a atención presencial até o 11 de xaneiro. Porén, manteremos aberta a atención a través do correo electrónico, da App da Liña do Galego e das redes sociais.
A Permanente da Mesa pola Normalización Lingüística quer agradecer o compromiso das socias e socios que garanten a nosa independencia e fan posíbel toda a nosa actividade, sostida en máis dun 80% do orzamento anual polas cotas e doazóns.