A voz do vento

A Mesa celebraba o ano pasado a elección de Manuel María como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2016.

A voz do vento quere ser unha homenaxe ao recoñecido poeta e incansábel activista a prol da nosa lingua e de tantas causas xustas, socio e xeneroso colaborador da Mesa.

O libro ilustrado por Jano componse de 11 temas. Os temas son extraídos dos libros: Terra Chá, Proba documental, Aldraxe contra a xistra, Cantos rodados para alleados e colonizados, Versos do lume e o vagalume, A luz resucitada, As lúcidas lúas do outono e Sonetos á casa de Hortas.

A tribo incomprensíbel está composta por Aarón Bouzón, Álex Bardanca, Fran Amil, Paco Cerdeira  e Ricardo Casás.

SentAccede aquí para adquirir na nosa tenda “A voz do vento”

  • Poemas de Manuel María, música de Fran Amil e A tribo incomprensíbel
  • Ilustracións de Jano 18×18
  • 26 páxinas
  • PVP: 20 €
  • Desconto para socias/os: 20%: 16 €
  • Desconto para non socias/os: 5%: 19 €
  • ISBN: 978-84-608-5465-4

Neste libro-CD colaboraron coas súas voces Jasper, Paula Romero, Antón Díaz, Xurxo Souto, Belén Tajes, O Leo, M. J. Pérez e Xosé Antón Bocixa.

  1. Hai que dicir sempre non
  2. Non temos escolas en galego
  3. O desexo
  4. Poema do alleado
  5. Ollei misiles con radar
  6. Agora que gastei os meus outonos
  7. Aínda teño a esperanza
  8. Forasteiro
  9. Poceiras
  10. Nós como o aceiro
  11. A nosa historia

Escoita en mp3: ollei misiles con radar


Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra