A partir de agora a páxina está dispoñíbel co dominio .gal
No marco da actual sociedade da información o que non está en Internet non existe. A comunidade galega no mundo, con máis de catro millóns de persoas, a nosa lingua e a nosa cultura precisan dunha marca propia coa que identificar todos os contidos que xeramos na rede e, así, facernos máis visibles dentro deste espazo de comunicación global no que se ten transformado o mundo.