Abanca e a Federación Galega de Fútbol exclúen o galego do partido entre Galiza e Venezuela

Abanca e a Federación Galega de Fútbol exclúen o galego do partido entre Galiza e Venezuela

 As entradas e todos os trámites para compralas exclúen a nosa lingua coa submisión da federación galega de fútbol

 Marcos Maceira: será que a orixe venezuelana do patrocinador fai que aposten por Venezuela e non por Galiza?

Santiago de Compostela, 19/05/16-. A Mesa pola Normalización denunciou hoxe a exclusión da lingua galega nas entradas no agardado partido de reaparición da selección galega de fútbol.

EntradaseleccionAbanca, propiedade da venezuelana Banesco, é a entidade que a través da súa páxina de venda de entradas ofrece o servizo de merca online para o partido da nosa selección. Malia a publicidade que realiza habitualmente o banco privatizado na que afirman representar intereses galegos e ser Galiza o seu principal ámbito de negocio, non teñen  opción de galego na venda de entradas. Aínda que as queixas por esta ausencia do galego, incluídos espectáculos en galego, na Mesa pregúntanse se, neste caso, non será que a orixe venezolana fai que aposten por Venezuela e non por Galiza?

20160519_092913 Outra maneira de adquirir as entradas é na Federación Galega de Fútbol. Na sede da Coruña, tamén ignoran o galego e ao marcarmos o 981120619 sae unha gravación só en castelán. A atención telefónica por parte de persoal da Federación tamén exclúe o galego ao igual que na súa sede da rúa Menéndez Pelayo da Coruña.

O resultado é que nas entradas menos o texto de tres liñas que di “FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL. Estadio Municipal de Riazor – A Coruña. Venres, 20 de Maio de 2016- – 20:30 Hrs.” todo o demais está en castelán.

Na Mesa lembran que dificilmente se poden representar intereses económicos, deportivos ou de calquera outro tipo, excluíndo a lingua propia de Galiza.

Esta é a festa do fútbol galego? Unha festa sen galego? Preguntouse o presidente da Mesa. Para Maceira este partido ímolo gañar: o da selección galega e o do idioma galego. Entradaseleccion1Excluír o noso idioma dun acontecemento tan relevante e que debía servir para unir o conxunto do pobo galego é gravísimo, e instou á federación galega de fútbol a sumarse ás miles de persoas que lle reclaman a Abanca a presenza do galego en todos os trámites, incluído o da venda electrónica de entradas.

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra