Ceros e uns (www.ceroseuns.com) é unha empresa de informática ubicada en Ponteareas (Rúa Azorín, 5). Ademais de tenda de informática (equipos novos e de segunda man, ampliacións, periféricos, accesorios e consumíbeis), fan apoio técnico, xestión de garantías de todas as marcas, instalación de redes e mantemento e reparacións a particulares e empresas, tamén xestionan a presenza e publicidade en internet para negocios e particulares.
Forman parte de Abertos ao Galego desde o comezo, pois Xan entende que o compromiso lingüístico no ámbito da empresa contribúe a a cambiar inercias en canto á lingua. Desde o inicio da súa actividade, Ceros e uns traballa integramente en galego, pois é a lingua habitual de Xan, o responsábel da empresa. Para eles, a existencia de proxectos como Abertos ao Galego é positiva, pois valora moito o obxectivo de pór en valor o traballo que fan as empresas que traballan preferentemente en galego.
Ademais de na súa páxina web, podedes seguilos no seu twitter www.twitter.com/CEROSeUNS ou no facebook www.facebook.com/ceroseuns