Edicións Xerais envíanos información sobre as súas máis recentes novidades e Acouga Quiromasaxe dá conta da súa nova páxina no Facebook
Desde Acouga Quiromasaxe, a máis nova incorporación a Abertos ao Galego, infórmannos de que están a trasladar o seu perfil do facebook a http://www.facebook.com/pages/ACOUGA-Quiromasaxe/222518771099497. Dese xeito, as persoas que se sumen a esta páxina poderán estar informadas dos descontos e sorteos que teñen previstos para o mes de abril.
Por outra banda, Xerais publica na súa colección de Narrativa dous novos volumes: Orlando pendurado, de Goretti Fariña, e Os fillos do mar, de Pedro Feijoo Barreiro.
Tamén queremos lembrarvos que podedes enviarnos as vosas propostas para o Premio Abertos ao Galego. Entre todas as persoas que nos remitan propostas faremos un sorteo dun lote de produtos cedidos polas empresas de Abertos ao Galego.