A Mesa pola Normalización Lingüística

ABERTOS AO GALEGO.- Novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Presentación en Compostela da reedición de Pornografía de Lupe Gómez, de Edicións Positivas; presentación e concerto propostos por Aira das Letras; novidades de Edicións Xerais;

Edicións Positivas presenta a reedición de Pornografía de Lupe Gómez o xoves 21 de xuño ás 20.00 horas na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela. Na presentación participarán, ademais da autora, Arturo Casas, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Francisco Macías. Xabier Díaz e Guillerme Fernández ofrecerán as súas músicas.

Aira das Letras organiza a presentación de Un cerezo en el balcón, sobre práctica zen, o venres 22 ás 20 horas no Fogar dos Maiores de Allariz. O acto contará coa participación da autora, Laia Montserrat. Tamén teñen á venda entradas para o concerto-degustación de Marful que terá lugar o sábado 30 na Fundación Vicente Risco (Allariz), dentro da súa Xira Surreal. O prezo das entradas é 15€ e inclúe o concerto e unha degustación de produtos do país propostos pola Fábrica de Vilanova, Fina Rei, A Micalla e o Centro de Educación Ambiental O Rexo.

Edicións Xerais publica Para unha crítica do españolismo, de Camilo Nogueira

– A Libraría Torga de Ourense está de reformas, abrirán novamente a comezos do mes de xullo

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra