Esta semana, temos varias novidades, como a incorporación de Tórculo e presentacións de libros nas librarías Torga de Ourense e Aira das Letras de Allariz
– Desde esta semana, forma parte de Abertos ao Galego a empresa compostelá de artes gráficas Tórculo. Nuns días nos presentarán o seu proxecto MeuBook
– Presentación este venres 20 na libraría Torga de Ourense (Rúa da Paz, 12) do libro de José Manuel Barbosa, Bandeiras da Galiza. Ás 19.30 horas.
– Presentación na libraría Aira das Letras dos últimos libros de Antón Riveiro Coello. O sábado 21 ás 20.00. Trátase dos libros O paso do esquecemento (libro infantil editado polo Centro da Cultura Popular do Limia) e Laura no deserto (novela editada por Galaxia).