ABERTOS AO GALEGO.- Últimas novidades: unha nova incorporación e novidades das empresas de Abertos ao Galego

Incorpórase a Abertos ao Galego a empresa coruñesa Acouga Quiromasaxe; Edicións Xerais cóntanos as súas máis recentes publicacións; presentación na Libraría Pedreira

– Desde hoxe, Abertos ao Galego ten un novo membro: Acouga Quiromasaxe. En breve contaremos máis sobre esta empresa coruñesa.

– Presentación na Libraría Pedreira. O xoves 1 de marzo acolle a presentación da primeira edición en galego de HEROES DA GALIZA, editado po figurandorecuerdo(s)edicions. O acto terá lugar ás 20 horas, na propia libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55, Santiago de Compostela) coas intervencións de Carlos Callón (presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e asesor lingüístico da publicación), Xesús Redondo Abuín (obreiro xubilado e secretario do Foro pola Memoria de Galicia) e Rosa Espiñeira Pan (museóloga e editora).

Edicións Xerais remítenos as súas últimas novidades:

– transmuta, de Xabier Cordal;

– Pan de ánimas, de Xoán Abeleira;

– Morgana a dos ollos verdes, de Pasqual Alapont;

– Catro amigos pillabáns, de Ramón Caride;

– Os megatoxos e o aprendiz de Druída, de Anxo Fariña

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra