O presidente de Honra da Mesa, Carlos Callón, estará nos próximos días no Baixo Miño para impartir sendas conferencias por volta do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.
O primeiro encontro será o sábado 31 ás 20 h no Centro Sociocultural O Fuscalho da Guarda (fronte á Atalaia). Podes consultar aquí o evento no Facebook.
O segundo encontro, xa en Tui, será na segunda feira (luns) 2 de xuño ás 20 h na sala Félix Rodríguez da Biblioteca Municipal. Podes consultar aquí o evento no Facebook.