Vento Mareiro é un viño albariño etiquetado en galego, da Adega Durán, membro de Abertos ao Galego
Albariño Vento Mareiro
Desde a Adega Durán chega unha oferta especial. Todos os pedidos de Vento Mareiro (http://www.ventomareiro.com/index.html) que se fagan a través de Abertos ao Galego (abertosaogalego@amesanl.org; 981563885) poderán adquirir unha caixa de 6 botellas por 42€, con envío en 48 horas incluído dentro de Galiza.
Vento Mareiro elabórase con uva albariña 100%, vendimada con mans agarimosas na segunda quincena de cada setembro. Logo dos veráns secos e cálidos da bisbarra do Salnés, de aventaxado clima durante todo o ano, cando a uva acada no punto xusto de maduración, xorde o viño que será privilexio para o padal. Vento Mareiro parte do método tradicional de pé de cuba, pero non renuncia ás vantaxes da tecnoloxía: caixas de 20 kgs. para a vendima, prensado suave e pneumático, despalilladora, fermentación con temperatura controlada en cubas de aceiro inoxidable, estabilización por frío, filtrados baixo cero…
A Adega Durán é membro de Abertos ao Galego desde os inicios deste proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística.