As entidades organizadoras do Correlingua (Asociación Socio-Pedagóxica Galega, CIG-Ensino e A Mesa pola Normalización), ante as solicitudes que lles chegaron estes días, anuncian que o prazo de inscrición nos concursos do Correlingua 2013 de Manifesto e Banda Deseñada, ampliouse até o 25 de febreiro, atendendo a diversas solicitudes.
O prazo de inscrición no concurso de vídeo tamén continua aberto.
Todos os traballos deben ser entregados antes do 15 de marzo de 2013.
Podedes consultar as bases en:
http://www.servizos.com/webs/correlingua/bases
O lema do Correlingua 2013 é: Galego, chave do mundo.