A Mesa pola Normalización Lingüística

Apetéceche colaborar como voluntari@ na defensa do idioma?

Se che apetece, podes pasar calquera día polo local nacional da Mesa e botarnos unha man en todas as cuestións de intendencia que temos que desenvolver de cara ás numerosas actividades en axenda: o Correlingua, a folga de estudantes o 19 de abril, a manifestación nacional do 17 de maio e moitas cousas máis.

O local nacional da Mesa está na Avda. de Lugo 2A, entresollado A, de Santiago de Compostela, a carón da estación do tren.

O horario laboral normal é de 8 – 15 h todas as mañás laborábeis e, ademais, as tardes de 16 a 19 h de segunda a sexta (de luns a venres).

Coa túa axuda poderemos facer moito máis!

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra