A defensa de calquera ideoloxía democrática é un dereito fundamental e como tal debe ser protexido e non criminalizado.
As persoas encausadas na denominada “Operación Jaro” son activistas de diferentes causas entre elas a da defensa da lingua galega. Pódense compartir ou non os seus principios ideolóxicos mais o seu dereito a expresarse, a solidarizarse e a actuar libremente na sociedade deben ser afirmados con rotundidade.
Por tanto, reclamamos para elas e eles a liberdade e a absolución e chamamos a participar na manifestación que terá lugar o domingo 18 de outubro ás 12h na Alameda de Santiago.
A Mesa pola Normalización Lingüística estará atenta ao desenvolvemento do xuízo por se se produciren vulneracións dos dereitos lingüísticos das persoas acusadas para denuncialo, se for preciso, perante organismos internacionais.