App A Liña do Galego

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en galego. Desde xullo do ano 2016, A Mesa puxo en marcha a app ALiña do Galego; o obxectivo desta aplicación é proporcionar as usuarias e usuarios unha nova forma de comunicación que permita o envío de queixas e parabéns dunha forma sinxela, rápida, segura e cómoda.

DESCARGAR APP

 

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en galego. Desde xullo do ano 2016, A Mesa puxo en marcha a app A Liña do Galego; o obxectivo desta aplicación é proporcionar as usuarias e usuarios unha nova forma de comunicación que permita o envío de queixas e parabéns dunha forma sinxela, rápida, segura e cómoda.

Moitas e moitos galegofalantes continúan a considerar normal a exclusión do seu idioma e iso é algo que queremos axudar a mudar porque, cando a poboación non é consciente dos seus dereitos, existe un défice democrático que cómpre corrixir. A idea de que hai dereitos lingüísticos en Galiza, tanto individuais como colectivos, non está asentada, canto máis nos territorios onde nin sequera teñen recoñecemento legal estes dereitos.

Coa Liña do Galego quérese afortalar o obxectivo de dar cobertura e amparo ás persoas ás que se lles impide desenvolver a súa vida na lingua propia do país. Cando unha persoa chama ou escribe, ábrese un expediente na base de datos ao que se lle asigna unha numeración para lle poder facer o seguimento. Con todas as queixas, consultas e parabéns realizarase un informe anual, que servirá tanto de diagnose da situación como para propor medidas de mellora para o ano seguinte.

Queixas

  • Unha persoa traballadora dunha administración pública negouse a me atender en galego.
  • Os sinais da estrada exclúen a lingua propia de Galiza.
  • Estiven máis de dúas horas ao teléfono para conseguir que a miña compañía telefónica me atendese na miña lingua.
  • A miña crianza non recibe as aulas en galego.
  • Unha entidade emprega toponimia deturpada na súa documentación.

Se viviches algunha destas situacións ou outras onde se vulneraron os teus dereitos lingüísticos, denúnciao! Na Liña do Galego tramitamos as queixas da cidadanía ante as entidades afectadas, con total garantía de confidencialidade para os datos da persoa que denuncia.

Non admitimos denuncias anónimas, polo que precisamos que nos facilites os teus datos: nome e apelidos, teléfono móbil e/ou correo electrónico e enderezo postal (rúa, número, andar, código postal e localidade); a entidade que conculcou os teus dereitos e a localidade (ou enderezo web) onde ocorreron os feitos, e unha explicación o máis detallada posíbel dos feitos acontecidos.

Consultas

  • Teño dereito a que unha persoa funcionaria da Administración do Estado me atenda en galego?
  • Como podo galeguizar o meu apelido?
  • Podo falar galego no meu traballo?
  • A que administración me teño que dirixir para pór unha queixa pola vulneración dos meus dereitos lingüísticos?
  • Existen modelos de contratos de alugueiro en galego?

Dirixe todas as túas dúbidas sobre os dereitos lingüísticos da comunidade galegofalante á Liña do Galego. Para isto, indícanos o teu nome e apelidos, correo electrónico, teléfono, o teu enderezo postal e o motivo da túa consulta.

 

 

 

A Liña do Galego conta cunha axuda da Deputación da Coruña

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra