Un arquitecto, unha axencia de tradución, librarías, editoriais, xestorías, unha axencia de seguros… Con esta iniciativa, as empresas de Abertos ao Galego e A Mesa queren contribuír a potenciar o consumo en galego e dar a coñecer as propostas das empresas que traballan no noso idioma.
As empresas de Abertos ao Galego ofertan descontos e servizos especiais a socios e socias da Mesa. Desde agora é posíbel consultar eses descontos nesta ligazón: http://www.amesanl.org/gl/abertosaogalego/Descontos_Abertos_ao_Galego.
Na actualidade, hai 69 empresas que forman parte de Abertos ao Galego, de moi diversos sectores e procedencias. O obxectivo deste proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística é contribuír á dinamización do galego no ámbito empresarial e apoiar a actividade das empresas que traballan na nosa lingua. A listaxe completa de membros de Abertos ao Galego pódese consultar aquí: http://www.amesanl.org/abertosaogalego