As novidades das empresas de Abertos ao Galego

Biblos, Aira das Letras e Como unha novela

desde o pasado día 15 de agosto, os amigos de Biblos tamén teñen unha libraría en Betanzos. Para o que queda de agosto teñen planificada unha intensa axenda de actividades. Hoxe (venres 23) acollen a presentación de Ardalén, de Miguelanxo Prado ás 20.00. O sábado 24 Tucho Calvo achega aos nenos e nenas Paxaro de mar e vento, ás 12.30. O luns 26, Cesáreo Sánchez estará ás 20.00 con Miradas ao mundo: unha viaxe por Irán. O martes 27, ás 20.00 presentan Bícame, Frank, de Miguel Anxo Fernández, coa presenza de Raúl Veiga. O mércores 28 presentan El lejano reino de la Vía Láctea, de Ramón Loureiro, con Xulio Valcárcel (ás 20.00). O xoves 29 presentan o documental Caderno de Bitácora, de Mandeo Records, con Dani López e Sergio Pena (ás 20.00). O venres 30 acollen a presentación de Todos os días, de Alberto Ramos, con David Lombao e Ánxela Gracián (ás 20.00). E o sábado 31 terán unha sesión de contacontos ás 12.30. 

– Aira das Letras, para celebrar a Primeira Semana da Música Medieval de Galicia, agasalla 4 bonos para os 5 concertos. As catro primeiras persoas que merquen (entre os días 22 e 23) un disco do Grupo Resonet levarán de agasallo un bono para todos os concertos. Tamén teñen á venda entradas para os concertos. 
– Como unha novela continúa de liquidación. Informámosvos que durante o mes de setembro estarán abertos os sábados, mais podedes tamén encomendar no seu facebook (https://www.facebook.com/comounhanovela.libraria?fref=ts) ou nos telefones 981642111 ou 686926116. 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra