As novidades das empresas de Abertos ao Galego

As empresas que colaboran en Abertos ao Galego non deixan de presentar novidades. Desta vez, falámosvos das noticias que nos chegan de Biblos, Alvarella, A Tafona Casa de Xantar, Edicións Xerais e as librarías Suévia e Aira das Letras

 

 

– Podedes descargar o número máis recente da revista de Biblos Clube de Lectores, con todas as novidades de Biblos e outros contidos, como a entrevista co escritor António Cabrita

 

Alvarella fai un desconto a socios e socias da Mesa nos seus Eco-Campamentos para nenos e nenas de entre 7 e 14 anos. Aquí tedes máis información: http://mail.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/641.

A Tafona Casa de Xantar participa no Tapéate Compostela coa súa tapa Bonito con Froitos Vermellos.

 

 

 

 

 

 

Edicións Xerais entregou na Illa de San Simón os seus Premios 2014. A obra gañadora do XXXI Premio Xerais de Novela é Dende o conflito de María Reimóndez; a obra gañadora do VI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil é O Gran Reino de Eduardo Santiago e o XXIX Premio Merlín de Literatura Infantil foi para Ledicia Costas, coa obra Escarlatina. Ademais, Xerais anuncia a publicación dos seguintes títulos: da Colección Narrativa, Chovida do ceo de Alfredo Conde e Os televisores estrábicos de Ramón Vilar Landeira; da Colección Fóra de Xogo: Silencio de Fran Alonso; da Colección Milmanda: Ámote Leo A. Terminal de…chegadas? de Rosa Aneiros; da Colección Xabaríl: A illa misteriosa de Jules Verne, traducido por Ánxela Gracián.

– A Livraria Suévia da Coruña acolle a presentación de Emigrantes, exilados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940) de Dionisio Pereira, a quinta-feira, 12 de xuño, às 20h00, coa presenza do autor nun acto presentado por Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, historiador e profesor da UdC.

– A Libraría Aira das Letras de Allariz xa recolle encomendas para os libros de texto para o próximo curso, con descontos do 10% para libros de educación obrigatoria e do 5% para educación non obrigatoria. Podedes contactar con eles en www.airadasletras.com ou no 988442324.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra