As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Esta semana temos novidades de Alvarella Ecoturismo, a libraría Aira das Letras, OZOCOgz e Edicións Xerais

– Alvarella ten aberta a inscrición para os seus Eco-Campamentos para o mes de xuño para nenos e nenas de 7 a 14 anos. É posíbel facer a preinscrición até o 15 de xuño. Os socios e socias da Mesa teñen desconto, como podedes ver no pdf. Tedes máis información en www.alvarella.com ou contactar con eles no 981784563;

– A libraría Aira das Letras organiza para mañá sábado 8 a presentación do libro bilingüe 4Ojos/4Eyes, de Pablo Otero (ilustrador) e Sara Canal, da Editorial Eurisaces. A presentación terá lugar na Fundación Vicente Risco de Allariz e antes haberá un obradoiro para nenos e nenas de 6 a 10 anos, para o que é preciso reservar con antelación na libraría. Tamén se sortearán uns lotes de libros entre os asistentes;

– OZOCOgz entrega o premio ao seu primeiro concurso de microrelatos. O relato gañador é O trasno no deserto, de Miguel Ángel Alonso Diz e o premio vaise entregar na Fundación Vicente Risco, en Allariz, o 23 de xuño ás 12.00. Esta primeira edición do concurso tivo a colaboración das librarías Suévia da Coruña, Escolma do Carballiño e Aira das Letras de Allariz e dos escritores David Otero, Marta Dacosta e Paula Carballeira;

– Edicións Xerais fainos chegar as súas últimas novidades editoriais: Manuel Lueiro Rei. A liberdade ferida, na súa colección de ensai e Un rato díxolle á lúa, de Antonio García Teijeiro (na colección Milmanda de infantil e xuvenil)

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra