Incorporación da Casa de Xantar A Tafona; curso de hortos urbanos en Alvarella Ecoturismo; puntos de venda do primeiro volume das Obras Completas de Vidal Bolaño, de Edicións Positivas; Amarante co-organiza o ciclo Coñecer para cambiar
– Esta semana damos a benvida ao restaurante A Tafona, na rúa da Virxe da Cerca, de Santiago de Compostela.
– Alvarella Ecoturismo organiza para os días 23 e 24 de febreiro o Curso de Hortos Urbanos: A horticultura ecolóxica en balcóns, terrazas e pequenos hortos, que se celebra no seu albergue. Cun prezo de 65€ por persoa, inclúe o curso e o aloxamento con pensión completa do sábado 23 e o xantar do domingo 24. Podedes consultar o programa en www.alvarella.org.
– Edicións Postivas xa ten á venda o primeiro volume das Obras Completas de Roberto Vidal Bolaño. Podedes mercalas aquí:
A CORUÑA: Couceiro (Praza do Libro) / Lume / Nova Colón / Sisargas / Suévia / Xiada.
A GUARDA: Atlántica
ARTEIXO: A Lus do Candil
BERTAMIRÁNS: Lenda / Mainomen
BUEU: Abrente
CAMBRE: A Libreira
CANGAS DO MORRAZO: A Esmorga / Maraxe
CARBALLO: Brañas
FERROL: Central (Real)
LUGO: Trama
MOAÑA: O Pontillón
MONFORTE: Agrasar
MUROS: Sementeira
NARÓN: Day
NOIA: Sementeira
O BARCO DE VALDEORRAS: Murciego
OURENSE: Torga
PONTEVEDRA: Paz
PORRIÑO: Paz
RIBADEO: Casa das Letras
SANTIAGO: Ártico Quiosco / Couceiro / Follas Novas / Pedreira / Sargadelos / Positivas
VERÍN: Pica Pica
VIGO: Andel / Cartabón
VIVEIRO: Porta da Vila
– A AAVV A Xuntanza, Amarante e Verdegaia presentan o ciclo de cinema “Coñecer para Cambiar”, que este ano contará coa primeira edición do concurso de curtas “Filmar para cambiar”. Comeza o próximo mércores día 20 de febreiro e todas as proxeccións do ciclo terán lugar o terceiro mércores de cada mes desde febreiro até maio no local da Asociación Veciñal A Xuntanza (Corredoira das Fraguas, 37) ás 20h.
Ademais, este ano os colectivos organizadores dan inicio á primeira edición do concurso de curtas “Filmar para Cambiar”. Até o 30 de abril as persoas interesadas en participar poderán enviar as súas curtas, que serán proxectadas no derradeiro día do ciclo, o 22 de maio. A curta gañadora do concurso será elexida ese mesmo día por votación do público.
Podedes consultar as bases do concurso na páxina de Amarante: www.amarantesetem.org.