As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Ademais de darmos a benvida á casa de xantar A Tafona, de Compostela e a empresa de tradución Eureco Galicia , temos novidades da Livraria Suévia, Edicións Positivas, OZOCOgz, as librarías Pedreira e Aira das Letras e dos medios de comunicación que forman parte de Abertos ao Galego.

– Esta semana damos a benvida á casa de xantar A Tafona, na rúa da Virxe da Cerca, 7 en Santiago de Compostela. A semana pasada tamén incorporamos a Eureco Galicia, empresa de tradución con sede en Milladoiro (Ames);

– A Livraria Suévia informa de que desde esta semana incorporan ao seu catálogo obras de Clarice Lispector. Ademais, o luns 11 e martes 12 Suévia vai estar pechada polo entroido.

– Desde Edicións Positivas informan de que comeza a chegar ás librarías e aos subscritores o primeiro volume das Obras Completas de Roberto Vidal Bolaño;

OZOCOgz continúa co seu concurso de microrelatos. Podedes participar até o 25 de abril, mais aquí tedes máis información https://www.facebook.com/events/278754068916640/?ref=ts&fref=ts.

– Hoxe venres 8 de febreiro a Libraría Pedreira de Santiago de Compostela acolle unha das presentacións do novo libro de Séchu Sende, Viagem ao Curdistám para apanhar estrelas. É ás 20.00 coa participación de Olga Patiño, Mehmet Akgoz e Séchu Sende.

– A Libraría Aira das Letras de Allariz agasalla, até o día 17 deste mes, cun cómic en galego a quen merque outro. Os dez primeiros levarán, ademais, o agasallo do cartaz de Miguel Robledo da ponte románica.

– Grande parte dos medios de comunicación que son membro de Abertos ao Galego (Tempos Novos, Galicia Confidencial, Radiofusión e De Luns a Venres) participan da fundación da Asociación de Medios en Galego. Aquúi tedes máis información: http://praza.com/movementos-sociais/3493/nace-a-asociacion-de-medios-en-galego-para-defender-a-presenza-do-idioma/.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra