Nova incorporación: restaurantes Pizzbur en Viveiro e Ribadeo; presentación do novo libro dos Larpeiros en Allariz; Deseño e Cores incorpórase ao catálogo de descontos de Abertos ao Galego; reportaxe sobre Cousas de Mortos, de Demo Editorial; novo punto de venda do leite da Granxa O Cancelo en Betanzos
– Esta semana incorpórase a Abertos ao Galego Pizzbur, unha cadea de restaurantes con presenza en Viveiro e Ribadeo: http://pizzbur.gl/
– Deseño e Cores (empresa de deseño e impresión de agasallo publicitario e cartelaría) incorpórase ao catálogo de descontos cun 25% a socios e socias da Mesa en todos os seus materiais. Ademais, están de aniversario como empresa, polo que en breve nos informarán de como van celebrar os seus 15 anos.
– Demo Editorial. Manel Cráneo fala no programa Zigzag Diario da TVG do seu cómic Cousas de mortos http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/corte-a-corte/manuel-craneo-fala-do-seu-comic-cousas-de-mortos#.UJoj12fh_Tp
– presentación do novo libro dos Larpeiros na Feira de Outono de Allariz coa colaboración da libraría Aira das Letras. Este sábado ás 19.30 horas coa presenza de Benigno Campos
– Desde esta semana, a Granxa O Cancelo ten un novo punto de venda do seu leite en Betanzos, a Panificadora Betanzos (Carregal, 2)