As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Esta semana recibimos noticias de Xerais, OZOCOgz, Nanube, Ela Diz, Baía Edicións, Aira das Letras, Granxa O Cancelo

EDICIÓNS XERAIS envía información das súas novas edicións en libro electrónico: da colección de narrativa Chovida do ceo, de Alfredo Conde, da colección Fóra de Xogo, A illa misteriosa, de Jules Verne, Silencio, de Fran Alonso, Ámote Leo A. Terminal de… chegadas?, de Rosa Aneiros

   

 

OZOCOgz DESEÑO GALEGO fará entrega do premio ao gañador da segunda edición do seu concurso de micro-relatos o vindeiro domingo 6 de xullo. Este evento será ás 12 do mediodía no restaurante Acevedo en Acevedo Xunqueira de Ambía. Nel, participarán os membros do xurado e o gañador que, nesta ocasión, foi o relato Concerto de Ma” do escritor Pedro Rielo Lamela, quen se presentara ao concurso baixo o seudónimo de Corsario de Ferro. No xurado do concurso deste ano participaron, ademais de librarías colaboradoras de moitos puntos do País, os escritores e escritoras Susa Herrera, Miguel Ángel Alonso, Rochi Nóvoa e Miguel Anxo Fernández.

 

Desde NANUBE preséntannos a súa primeira colección de mobiliario e pezas decorativas, PEDRADENTRO, inspirada nos interiores dos pazos galegos e con referencias a elementos formais do mundo da pedra. Unha colección deseñada por Nanube e fabricada en pequenos obradoiros artesanais galegos con materiais nobres como a madeira de carballo, o mármore, o veludo, a porcelana… Podedes saber máis na súa páxina de Facebook: https://www.facebook.com/nanube00

 

ELA DIZ preséntanos a incorporación da marca galega BOH, da deseñadora Isa Albela: http://eladizcompostela.wordpress.com/2014/06/23/refraneiro-galego/

 

«Chisco» Fernández Naval presentará As crebas. Ouro xeito de andar ao mar, de BAÍA EDICIÓNS nas IX Xornadas de Pesca do Pindo. A presentación será o sábado 28, ás 19:00 horas, no marco das actividades das xornadas, que se celebran do día 23 ao 29 cunha morea de actividades para todos os públicos.

A libraría AIRA DAS LETRAS de Allariz ten aberta a reserva de libros de texto para o curso próximo. Podedes facelo a través da súa páxina: http://airadasletras.com/central/110515wp/2014/06/libros-de-texto-2014-15/

 

Co bo tempo, tamén veñen os xeados da GRANXA O CANCELO. Podedes consultar aquí os lugares onde os venden, que cada vez son máis: https://mapsengine.google.com/map/edit?hl=gl&authuser=0&mid=zjICm-tSmUc4.k166B_zRvWpY

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra