As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Segue aberto o prazo do II Premio Abertos ao galego; novidades de OZOCOgz, Libraría Pedreira e Edicións Xerais

Seguimos recibindo propostas para o II Premio Abertos ao Galego a empresas que se destaquen polo seu uso do galego. Podedes envialas a abertosaogalego@amesanl.org e entre as persoas que nos fagan chegar candidaturas sortearemos un lote de produtos cedidos polas empresas de Abertos ao Galego

– OZOCOgz ten dúas moi boas noticias. Por unha banda presentan a súa nova camisola e por outra poñen en marcha un concurso de fotografía antiga. Visitade o seu Facebook https://www.facebook.com/desenho.galego?fref=ts

– Libraría Pedreira acolle o próximo xoves 17 de outubro a presentación do novo libro de Afonso Eiré, Belesar, o orgullo de España. Será ás 20 horas na propia libraría 

– Edicións Xerais presenta as súas últimas novidades editoriais: da colección Fóra de xogo Irmán do vento, de Manuel Lourenzo González, A sombra cazadora, de Suso de Toro, Asústate, Merche!, de Fina Casalderrey, O país adormentado, de Xabier P. Docampo, Todos somos de Marcos Calveiro; da colección de narrativa Cadeas, de Xabier López López, O bosque e grande e profundo de Manuel Darriba; da colección Referencia Historia da Literatura Galega. Tomo I. Das orixes a 1853 de Xosé Ramón Pena; da colección Crónica Pontevedra nos anos do medo de Xosé Álvarez Castro; da colección Megatoxos Os Megatoxos e os Templarios da Luz de Anxo Fariña; da colección Pequeno Merlín O pequeno Mago de Roque Cameselle.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra